doenza fúnxica das maceiras From Wikipedia, the free encyclopedia
A sarna da maceira, é unha doenza das maceiras orixinada polo fungo Venturia inaequalis, que produce lesións ou máculas escuras sobre as follas, os froitos e algunhas veces nas crecenzas ou fillos.
As plantas afectadas pode que solten o seu froito anticipadamente, derivando posibelmente en elevadas perdas das colleitas. A sarna da maceira preséntase xeralmente cando as mazás están xa maduras, porén causa máis dano en zonas onde a primavera e o verán son fríos e húmidos.
Todas as especies de poma poden verse afectadas por este padecemento, mais existen variedades resistentes. Acháronse quince xenes en cultivares de maceira que conferen resistencia contra esta sarna. Augúrase o uso de técnicas de cisxenese para introducir eses xenes nos cultivares comerciais, e polo tanto crear novos cultivares resistentes. Iso pode lograrse mediante a mellora xética convencional, mais collería máis de 50 anos logralo.[1]
Un tratamento común da enfermidade é asperxir de xeito regulado funxicidas, obténdose a maior parte das veces un control efectivo; un xeito de reducir a incidencia da sarna é retirar da horta as follas que caen polo outono, pois é nelas onde o fungo pasa o inverno e son a orixe da infección primaria da primavera seguinte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.