Santuario de Loiola
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.
Santuario de Loiola | |
---|---|
Vista da basílica | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | País Vasco |
Tipo | Basílica |
Advocación | Ignacio de Loiola |
Localización | Azpeitia |
Coordenadas | 43°10′28″N 2°16′57″O |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Diocese católica latina de Donostia |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Arquitectura | |
Construción | 1689-1738 (igrexa e á sur) 1760-1767 (á norte) |
Estilo | Barroco e churrigueresco (interior) |
Páxina web | santuariodeloyola.org/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña.[1] Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.[2]
A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción.[3] Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.