Santa María la Antigua del Darién
From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María la Antigua del Darién foi unha cidade fundada en 1510, durante a colonización española das Américas, por Martín Fernández de Enciso e Vasco Núñez de Balboa, segundo relata o cronista frei Bartolomé de las Casas.[1][2] Foi a capital da Gobernación de Castilla de Oro até 1520, cando se muda completamente a poboación á Nuestra Señora de la Asunción de Panamá (actual cidade de Panamá) por orde de Pedrarias Dávila.
Algunhas fontes citan a Santa María la Antigua del Darién como a primeira cidade fundada polos españois en terra firme americana,[3] constituíndo o punto de partida para a conquista do continente por parte dos europeos da época: Francisco Pizarro, Sebastián de Belalcázar, Diego de Almagro, Gonzalo Fernández de Oviedo e Pedro Arias Dávila.[2]
Os seus restos atópanse nun pequeno espazo do istmo de Panamá, preto da costa occidental do golfo de Urabá, departamento do Chocó, verea Santuario, municipio de Unguía, República de Colombia.