parroquia civil do concello de Carballedo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Mariña do Castro é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 107 habitantes (54 mulleres e 53 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 114 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 90 habitantes, sendo 42 homes e 48 mulleres. No de 2016 tiña 77 habitantes, 42 mulleres e 35 homes, segundo o INE.
Santa Mariña do Castro | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Carballedo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°33′27″N 7°51′53″O |
Poboación | 80 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo fai referencia a unha santa, en latín Sancta Marina. Castro, do latín castrum: fortaleza[2].
A igrexa, situada no lugar de Santa Mariña, data do século XVIII[3]
O castro que dá nome á parroquia está alterado pola labra con maquinaria agrícola. Presenta unha chaira interior dedicada á pasteiro e zona de cultivo agrícola totalmente amurada ó redor. Na parte N pódese apreciar un muro cunha profundidade duns 2 m no que se ven claramente os contrafortes.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.