![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Saint-Simon-A01.jpg/640px-Saint-Simon-A01.jpg&w=640&q=50)
Sansimonismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sansimonismo foi o movemento ideolóxico con fins políticos fundado polos seguidores do socialista utópico Henri de Saint-Simon despois da morte deste en 1825. En Francia constituíu a primeira formulación do socialismo, aínda que se discute se as súas propostas foron realmente socialistas. A súa influencia estendeuse fóra de Francia e alcanzou practicamente a todo o planeta, presentándose non tanto como un «movemento socialista ou social como canto agrupación técnico-política, con obxectivos reformistas, metas financeiras e místico-filosóficas non demasiado definidas».[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/Saint-Simon-A01.jpg/640px-Saint-Simon-A01.jpg)
Os sansimonianos avogaron, entre outras cousas, pola abolición do dereito á herdanza, a redistribución da riqueza (nun sentido diferente ao socialismo actual) e nalgúns casos, a emancipación da muller.[2] [3]Neste grupo atopábanse as mulleres como Angélique Arnaud, Caroline Simon e Claire Démar.[4] Desta última son as seguintes vebas:
Quero falar ao pobo, ao pobo oídesme? é dicir tanto ás mulleres como aos homes, pois é habitual o esquecerse de mencionar ás mulleres cando se fala do pobo […]