![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cb/Inter_Milan_1971-1972_Sandro_Mazzola.jpg/640px-Inter_Milan_1971-1972_Sandro_Mazzola.jpg&w=640&q=50)
Sandro Mazzola
futbolista italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alessandro "Sandro" Mazzola, nado en Turín o 8 de novembro de 1942, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro ou centrocampista ofensivo. Desenvolveu a totalidade da súa carreira no Inter de Milán, co que marcou 161 goles en 568 partidos oficiais, e foi 70 veces internacional coa selección italiana.
Sandro Mazzola | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Alessandro Mazzola | ||
Nacemento | 8 de novembro de 1942 | ||
Lugar de nacemento | Turín | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición |
Centrocampista Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Inter de Milán | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1961–1977 | Inter de Milán | 417 | (116) |
Selección nacional | |||
1964 | Italia sub-21 | 2 | (3) |
1963–1974 | Italia | 70 | (22) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Está considerado como un dos mellores futbolistas italianos de todos os tempos, e como un dos mellores xogadores da súa xeración, debido á súa velocidade, ritmo, creatividade, técnica e visión de gol.[1][2] Quedou segundo nas votacións para o Balón de Ouro de 1971.[3] Militou durante 17 tempadas no Inter, co que gañou catro títulos da Serie A (1963, 1965, 1966 e 1971), dúas Copas de Europa (1964 e 1965) e dúas Copas Intercontinentais (1964 e 1965), e foi o máximo goleador da Serie A na tempada 1964/65, na que tamén chegou á final da Coppa Italia, quedando preto de acadar un triplete de títulos co club. Coa selección italiana gañou a Eurocopa de 1968, sendo elixido no Equipo Ideal do Torneo, e chegou á final do Mundial de 1970. Disputou con Italia outros dous Mundiais, en 1966 e 1974.
É fillo do futbolista Valentino Mazzola, capitán do Torino falecido na traxedia de Superga. O seu irmán máis novo, Ferruccio Mazzola, tamén foi futbolista.[1]