Samael
From Wikipedia, the free encyclopedia
Samael (en hebreo: סַמָּאֵל Sammāʾēl, "veleno de Deus",[1] "cegueira de Deus") raramente escrito como "Smil", "Samil" ou "Samiel"[2][3][4], é un arcanxo da mitoloxía e do misticismo xudeu. Foi un anxo que tivo importante participación en certos eventos importantes na narrativa bíblica. Como un anxo, el soamente opera dentro dos límites angostos establecidos polo Creador, sendo considerado polas persoas ora bo, ora malo. O seu nome é formado por dúas partes, o termo סומא, que significa "cego", e o termo אל, que significa "divindade" ou estipula unha relación coa divindade. Segundo algunhas obras da literatura rabínica, identifícase esta personaxe como o anxo da morte, o príncipe dos demos, o anxo que interrompeu o patriarca Abraham cando sacrificaría o seu fillo, o anxo da garda de Esaú e anxo que pelexou ata o albor con Xacob. Foi tamén un dos anxos que descendeu cara a terra antes do diluvio.[5][6][7]
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |