político salvadoreño From Wikipedia, the free encyclopedia
Salvador Sánchez Cerén, nado en Quezaltepeque o 18 de xuño de 1944, é un profesor e político salvadoreño.[1] Foi presidente da República do Salvador desde o 1 de xuño de 2014 até o 1 de xuño de 2019, sendo ademais un dos principais dirixentes do partido Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional e excomandante da desaparecida organización político militar Forzas Populares de Liberación Farabundo Martí.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1944 (80 anos) Quezaltepeque, O Salvador |
45º Presidente do Salvador | |
1 de xuño de 2014 – 1 de xuño de 2019 ← Mauricio Funes – Nayib Bukele → | |
Vicepresidente do Salvador | |
1 de xuño de 2009 – 1 de xuño de 2014 ← Ana Vilma de Escobar (en) – Óscar Ortiz (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Frente Farabundo Martí de Libertação Nacional (pt) |
Premios | |
| |
Páxina web | sanchezceren.com |
Foi vicepresidente do Salvador logo de vencer nas eleccións do 15 de marzo de 2009, xunto co seu compañeiro de fórmula, Mauricio Funes.[2] Asumiu o cargo o 1 de xuño de 2009, sendo tamén nomeado ministro de Educación polo presidente Funes.
O 9 de marzo de 2014 gañou as eleccións presidenciais en segunda volta contra o candidato Norman Quijano da partido ARENA. Tomou posesión o 1 de xuño de 2014 ao 1 de xuño de 2019.[3]
Nado no seo dunha familia de artesáns,[4] realizou os seus estudos de profesorado na Escola Normal do Salvador, na capital salvadoreña. En 1965 foi un dos fundadores da Asociación Nacional de Educadores Salvadoreños (ANDES 21 de xuño). En 1970 participou na creación das FPL, a primeira organización armada de esquerda do Salvador. Dentro da organización foi coñecido polo pseudónimo de Leonel González.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.