From Wikipedia, the free encyclopedia
Salva Kiir Mayardit,[1][2] nado en Bahr al-Ghazal o 13 de setembro de 1951, é un político sursudanés, membro da etnia dinka e presidente de Sudán do Sur desde o 30 de xuño de 2005.[3]
Nome orixinal | (din) Salva Kiir Kuethpiny Mayardit |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de setembro de 1951 (72 anos) Bahr el Ghazal (Sudán Anglo-Exipcio) |
Minister of Cabinet Affairs (en) | |
2018 – 2019 | |
Minister of Higher Education (en) | |
2017 – 2018 | |
Minister of Higher Education (en) | |
2017 – 2017 | |
Minister of Health of South Sudan (en) | |
2015 – 2015 | |
1º Presidente de Sudán do Sur | |
9 de xullo de 2011 – ← sen valor | |
Minister of Higher Education (en) | |
2011 – 2011 | |
Vice President of Sudan (en) | |
11 de agosto de 2005 – 9 de xullo de 2011 | |
President of Southern Sudan (en) | |
30 de xullo de 2005 – 9 de xullo de 2011 ← John Garang – Supresión do cargo → | |
Vice President of South Sudan (en) | |
9 de xullo de 2005 – 30 de xullo de 2005 | |
Vice-President of Southern Sudan (en) | |
9 de xullo de 2005 – 11 de agosto de 2005 – Riek Machar (pt) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sudán do Sur (2011–) Sudán (1951–2011) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Juba Khartún |
Ocupación | político , militar |
Partido político | Exército Popular de Libertação do Sudão (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | Primeira Guerra Civil Sudanesa (pt) e Segunda Guerra Civil Sudanesa (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Ayen Mayardit |
Membro fundador do Exército Popular de Liberación de Sudán (SPLA), foi elixido polos dirixentes do SPLA para continuar co proceso de paz que formalmente puxo fin á segunda guerra civil sudanesa en xaneiro de 2005. Do mesmo xeito que Garang, provén da tribo dinka, a máis numerosa no sur de Sudán, mais pertencente a un clan diferente.
Na década de 1960, Kiir uniuse aos rebeldes do sur na primeira guerra civil sudanesa.
Tras a morte de John Garang a finais de xullo de 2005, substituíuno como vicepresidente de Sudán (11 de agosto de 2005) e presidente do goberno autónomo de Sudán do Sur (o cargo de vicepresidente pasou a Riak Machar).
Cando se abriu o consello lexislativo de Sudán do Sur en Juba (setembro 2005) estivo presente e en outubro anunciou a formación dun goberno. En novembro produciuse unha escisión no SPLM pola disputa da presidencia do parlamento entre Minni Arkou Minnawi (que foi elixido) e Abdelwahid Mohamed en-Nour, e Kiir logrou un compromiso entre as dúas faccións. En decembro de 2005 asinou a constitución de Sudán do Sur.
Kiir foi reelixido presidente co 93 % dos votos nas eleccións sudanesas de 2010.[3] Aínda que a votación tanto a nivel nacional como subnacional, foi criticada por activistas democráticos e observadores internacionais, a esmagadora marxe gañadora da reelección Kiir foi sinalada por algúns medios de comunicación como o "Primeiro Paso" no proceso de secesión de Sudán.[4] Despois da súa reelección, Omar al-Bashir reelixiu a Kiir como o seu vicepresidente de acordo coa constitución provisional.[5]
Tras o referendo de independencia do Sudán do Sur de 2011, Kiir foi confirmado como o primeiro presidente do novo país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.