Salmonella bongori
From Wikipedia, the free encyclopedia
Salmonella bongori é unha especie de bacterias patóxenas, que hoxe en día é unha das dúas especies do xénero Salmonella (antes era considerada unha subespecie de Salmonella enterica, e denominábase Salmonella subsp. V ou S. enterica subsp. bongori). É un bacilo gramnegativo que causa unha enfermidade gastrointestinal, que orixina diarrea e cambras nalgúns animais, pero só en casos raros se informou que afectase a humanos. Considérase un microbio típico de animais de sangue "frío", a diferenza doutros membros do xénero, e a maioría das veces está asociada a réptiles.[1]
Salmonella bongori | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Salmonella bongori (Le Minor et al. 1985) Reeves et al. 1989 |
Foi descuberta en 1966 nun lagarto na cidade de Bongor, no Chad, de onde recibiu o seu nome bongori.[2] Despois de décadas de controversia na nomenclatura do xénero Salmonella, S. bongori adquiriu o seu status de especie en 2005.[3]