From Wikipedia, the free encyclopedia
O salame[1][2] é un embutido que se elabora cunha mestura de carnes de vacún e porco sazonadas e que é posteriormente afumada e curada ó aire, de xeito semellante ó salchichón. Case todas as variedades italianas condiméntanse con allo, non así as alemás. Tradicionalmente elaborábase con carne de porco, pero agora é cada vez máis frecuente que se faga cunha mestura de vacún (vaca) e porco. Tamén hai variedades que levan só carne de vacún. É orixinario de Hungría e Italia.
Existen polo menos case 40 tipos diferentes de salame en Italia. Pódese identificar co contido de carne (coas mesturas de carne de porco e de tenreira) e de graxas, coas especias empregadas, na duración do secado e co diámetro do embutido. En Italia o centro da produción está en Módena dende hai xa moitos anos; con todo o salame é coñecido internacionalmente. O salame que provén de Italia está secado ó aire. Porén, o de Nápoles está lixeiramente afumado. En Monteverde, logo dun longo proceso de maduración, lógrase un exquisito sabor. Os máis coñecidos e afamados son os de Boloña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.