From Wikipedia, the free encyclopedia
Isaac Mahmood Noell, nado en La Cellera de Ter, Xirona, o 12 de abril de 1983, máis coñecido como Sak Noel, é un disc jockey, produtor, compositor e director de videoclips español. Foi cofundador e director de Moguda, unha comunidade nocturna de Cataluña. Moguda cesou operacións en 2011 cando Sak Noel fundou a súa propia empresa NOEL MUSIC.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Isaac Mahmood Noell 12 de abril de 1983 (41 anos) La Cellera de Ter, España |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey, produtor musical |
Período de actividade | 2011 - |
Xénero artístico | House |
Selo discográfico | Mad Decent (pt) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | saknoel.com |
Sak Noel comezou na música na adolescencia, influído polos sons electrónicos. Tras ter producido cantidade de temas para terceiros decide establecerse pola súa conta adoptando o nome artístico "Sak Noel". O seu primeiro sinxelo "Loca People (2011)" foi un grande éxito a nivel mundial acadando varios nº1 en diferentes países[1] de entre os cales destaca o conseguido no Reino Unido (UK Official Charts),[2] sendo o 5º artista español (e o primeiro compositor español) da historia en facelo. O remix de "Loca People" con Sensato e Pitbull "Crazy People" logra o nomeamento como Best Urban Song nos XIII Latin Grammy Awards (2012).[3]
O sinxelo sucesor de "Loca People" chamado "Paso (The Nini Anthem)" converteuse no segundo maior éxito da carreira de Sak Noel ao lograr máis de 30 millóns de visitas en Youtube e conseguir destacar en varias listas a nivel mundial.
Despois de varios anos apartado da primeira liña regresou co sinxelo "Non Boyfriend" (2014), xunto a Mayra Veronica, conseguindo máis de 30 millóns de visitas en YouTube e converténdose nun fenómeno viral en Estados Unidos. A canción debutou no número #40 do Dance/Mix Show Airplay.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.