Saint Peter Port
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Saint Peter Port é a Capital de Guernsey, así como o principal porto. A poboación en 2014 era de 18.207. En Guernésiais e en francés, historicamente as linguas oficiais de Guernsey, o nome da cidade e as parroquias da súa bisbarra é St Pierre Port. O "porto" distingue a esta parroquia de Saint Pierre Du Bois .
Nomeado en referencia a | Pedro | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Dependencia da Coroa británica | Guernsey | ||||
División administrativa | Guernsey | ||||
Capital de | |||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6,5 km² | ||||
Altitude | 0 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | GY1 3RY | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | stppcons.com |
Ademais de ser unha parroquia, St. Peter Port é un pequeno pobo na súa maioría de rúas estreitas e empinadas con ladeiras con vistas. Sábese que existía aquí unha cidade e posto comercial desde antes da época romana, o nome precristiá non sobreviviu na era moderna.
O código postal das direccións nesta parroquia comeza por GY1.
Os habitantes de St. Peter Port, foron alcumados "les Villais" (viláns, xente do pobo) ou "cllichards" en Guernésiais.
St. Peter Port está situado na costa leste de Guernsey. Limita con St Sampson's no norte, con Vale no noroeste do país, St Andrew's no oeste e St Martin's no sur.
Enfronte, no mar atópase Herm cara ao leste, Little Russel, Sark e Brecqhou están un pouco máis ao leste, Big Russel entre elas e Herm. a Torre Brehon atópase en Little Russel entre St Peter Port e Herm.
O terreo é baixo no norte e pola zona portuaria, pero no Sur, alcánzanse cotas máis altas (pero non tan alto como St Martin's ou Forest). Isto significa que hai un bo número de cantís na costa entre Havelet e Fermain.
A escola primaria Vauvert leva na cidade desde 1909.
St. Peter Port conta cun club na Isthmian League inglesa, o Guernsey FC que xoga no Footes Lane.
Saint Peter Port subdivídese en catro cantóns:[1]
Ademais, as illas de Herm e Jethou pertencen á parroquia,[2] pero non forman parte de ningún cantón. Pertencen ao distrito electoral de Saint Peter Port Sur.
As características da cidade inclúen:
Castelo Carey foi construído en 1840 por John Carey. É unha propiedade neogótica, que se atribúe ao arquitecto John Wilson, quen deseñou o colexio Elizabeth e o St James Concert Hall. Foi brevemente a residencia do Tenente Gobernador da Bailía de Guernsey e acolleu a raíña Vitoria e ao Príncipe Alberte durante a súa visita a Guernsey en 1859, e o duque de Cambridge en 1862. A novela de Victor Hugo "Les Travailleurs de la Mer", publicado en 1866 está dedicado a Guernsey, onde pasou 15 anos no exilio, menciona o Castelo Carey. O castelo permaneceu na familia Carey ata que William Wilfred Carey vendeuno en 1912.[3] Durante a segunda guerra mundial, os ocupantes alemáns de Guernsey utilizaron o Castelo Carey como un club de oficiais.
Blue Islands, unha liña aérea rexional, ten a súa sede en Saint Peter Port.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.