Sabela de Portugal
Raíña de Portugal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sabela de Portugal[1], ou Isabel de Aragón (Yzabel na grafía medieval portuguesa), nada en Zaragoza cara a 1270 e finada en Estremoz o 4 de xullo de 1336, foi unha infanta aragonesa e, de 1282 ata 1325, raíña consorte de Portugal, polo seu casamento con rei Dinís I de Portugal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Isabel de Portugal.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santa Isabel.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Pasou á historia coa fama de santa, tendo sido beatificada e posteriormente canonizada. Foi popularmente coñecida como Raíña Santa Isabel ou simplemente A Raíña Santa.