misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-81 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 11 de xaneiro de 1997 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-81 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-81. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de xaneiro de 1997, 9:27 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 10,20 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
Regreso | 22 de xaneiro de 1997[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1997-001A |
STS-81, con sete astronautas (Michael A. Baker, Brent W. Jett, John M. Grunsfeld, Marsha Ivins, Peter J.K. Wisoff e Jerry M. Linenger) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, intercambiar a algúns membros da tripulación, levar subministracións e facer experimentos.[3][5][6][7]
O transbordador levaba un módulo Spacehab a bordo con subministracións e experimentos, transferindo 2722 kg de carga á estación. A tripulación tamén probou o sistema de illamento de vibracións da cinta de correr para o seu uso na futura Estación Espacial Internacional.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 22 de xaneiro de 1997, deixando na estación a Linenger e traendo de volta a e John E. Blaha.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.