misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-79 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 16 de setembro de 1996 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-79 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-79. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 16 de setembro de 1996, 8:54 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 10,14 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
Regreso | 26 de setembro de 1996[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1996-057A |
STS-79, con cinco astronautas (William F. Readdy, Terrence W. Wilcutt, Tom Akers, Jay Apt, Carl E. Walz e John E. Blaha) a bordo, foi lanzada para acoplarse á estación espacial Mir e transferir subministracións, intercambiar algúns membros da tripulación e facer experimentos.[3][5][6][7]
O transbordador levaba na súa bodega o módulo Spacehab, na súa segunda misión. A tripulación transferíu máis de 1814 kg de equipamento, subministracións e experimentos entre o Atlantis e a estación e 907 kg de mostras experimentais e equipamento da estación ao Atlantis.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 26 de setembro de 1996 deixando a Blaha na estación e traendo de volta a Shannon Lucid tras 188 días no espazo, un récord no seu momento para un astronauta estadounidense.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.