misión do transbordador espacial Columbia From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-55 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 26 de abril de 1993 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-55 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-55. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 26 de abril de 1993, 14:50 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 9,99 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos a bordo do laboratorio Spacelab D2.[3][6] |
Regreso | 5 de maio de 1993[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1993-027A |
STS-55, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio Spacelab D2, patrocinado por Alemaña. A tripulación estaba formada polo comandante Steven R. Nagel, o piloto Terence T. Henricks, os especialistas de misión Jerry L. Ross, Charles J. Precourt e Bernard A. Harris e os especialistas de carga Ulrich Walter e Hans Schlegel.[3][5][6][7]
Os 88 experimentos a bordo de Spacelab D2 abranguían ciencias da vida, microgravedade, ciencias terrestres e astronomía e foi a sucesora de Spacelab D1, con 11 paísese participando no deseño e elaboración dos experimentos. A tripulación dividiuse en dous equipos para levar a cabo os experimentos de forma óptima. Outros experimentos secundarios a bordo do transbordador foron SAREX II e SAFEX. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de maio de 1993.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.