misión do transbordador espacial Challenger From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-51-F foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 29 de xullo de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Aos 5 minutos e 45 segundos da engalaxe o motor número un apagaouse prematuramente debido a un problema cun sensor, declarándose un aborto a órbita. A pesar do fallo os outros dous motores compensaron a falta de pulo, co transbordador chegando a unha órbita normal.[2][3][5][6]
STS-51-F | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-51-F. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 29 de xullo de 1985, 21:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 7,95 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no laboratorio Spacelab 2.[3][6] |
Regreso | 6 de agosto de 1985[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1985-063A |
STS-51-F, con sete astronautas a bordo, lanzada co laboratorio Spacelab 2 na súa bodega de carga para facer unha serie de experimentos a bordo nunha ampla gama de campos, desde física a bioloxía, pasando por astronomía e investigacións puramente tecnolóxicas. A tripulación estaba formada polo comandante Gordon Fullerton, o piloto Roy D. Bridges, os especialistas de misión F. Story Musgrave, Anthony W. England e Karl G. Henize e os especialistas de carga Loren W. Acton e John-David F. Bartoe.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de agosto de 1985.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.