misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-132 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis, lanzada o 14 de maio de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-132 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-132 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 14 de maio de 2010, 18:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 11,77 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 26 de maio de 2010[6] |
Sitio de regreso | Cabo Cañaveral |
NSSDC ID | 2010-019A |
STS-132, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Kenneth Ham, o piloto Dominic A. Antonelli e os especialistas de misión Garrett Reisman, Michael T. Good, Stephen G. Bowen e Piers Sellers.[3][5][6][6][7]
O Atlantis levou o minimódulo de investigación ruso Rassvet, así como subministracións e equipamento diverso. Durante a misión leváronse a cabo tres paseos espaciais nos que se substituíu unha antena de alta velocidade e seis baterías e se engadiu unha plataforma de ferramentas ao brazo robótico Dextre.[3][5][6][6][7]
O Atlantis volveu a terra en Cabo Cañaveral o 26 de maio de 2010.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.