STS-122
misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
misión do transbordador espacial Atlantis From Wikipedia, the free encyclopedia
STS-122 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 7 de febreiro de 2008 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-122 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-122 | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 7 de febreiro de 2008, 19:45 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 12,77 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 20 de febreiro de 2008[6] |
NSSDC ID | 2008-005A |
STS-122, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steve Frick, o piloto Alan Poindexter e os especialistas de misión Stanley Love, Daniel Tani, Leland Melvin, Rex Walheim e Hans Schlegel.[3][5][6][7]
O Atlantis acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 17:17 GMT do 9 de febreiro, levando a bordo o módulo laboratorio Columbus e a plataforma MPESS-ND. O Columbus quedou acoplado ao nodo Harmony, para o cal se precisaron tres paseos espaciais.[3][5][6][7]
O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 20 de febreiro de 2008.[3][5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.