Rupat
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rupat é unha illa no estreito de Malaca que forma parte da Rexencia de Bengkal na provincia de Riau en Indonesia. Atópase xusto á beira da costa oriental de Sumatra, ao longo da cidade de Dumai, da cal está separada polo Estreito de Rupat (Selat Rupat). A súa superficie é de 1.490 km². Cunha poboación de 43.570 no Censo de 2010, a illa está escasamente poboada, cunha densidade de poboación de 29¼ habitantes por km². Rupat era unha das miles de illas abandonadas, pero a poboación está crecendo ano tras ano, o que failles expandir a superficie para o asentamento.
Rupat | |
---|---|
Situación | |
País | Indonesia |
Arquipélago | Illas Riau, Illas maiores da Sonda |
Coordenadas | 1°53′00″N 101°35′00″L |
Xeografía | |
Superficie | 1.490´2 km² |
Longura máxima | 50 km. |
Largura máxima | 50 km. |
Perímetro | 154 km- |
Demografía | |
Capital | Batu Panjang / Tanjung Medang |
Poboación | 43.570 (2010) |
Densidade | 29 hab./km² |
Hai unha proposta do goberno de Malaisia co apoio financeiro chinés para construír unha ponte de Melaka a Rupat e Dumai, que se chamará o Malacca Strait Bridge, aínda que Iacarta parece preferir construír primeiro a Ponte do Estreito de Sunda.