Ruana
peza de roupa orixinaria das rexións andinas de Colombia e Venezuela / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ruana (posiblemente do castelán que quere dicir "manta raída" ou do quechua ruana "tecido")[1] é un tipo de poncho solto sen mangas e aberto na súa parte central baixo o oco onde se coloca a cabeza de quen o viste, en forma de capote fabricado de maneira artesanal que se usa enriba doutras pezas, o cal ten forma cadrada ou rectangular e que no centro posúe un buraco para pasar a cabeza. A ruana é orixinaria dos Andes colombianos. En Colombia, a ruana constitúe a peza característica e tradicional do departamento de Boyacá elaborada inicialmente por indíxenas e mestizos e utilizada dende a época da colonia, aínda que tamén é elaborada nos departamentos de Cundinamarca, Antioquia, Nariño, Bogotá, Santander (Colombia), Norte de Santander e Caldas. En Venezuela é moi utilizada e elaborada nos estados andinos de Táchira, Mérida e Trujillo, utilizada dende a colonia por todos os habitantes venezolanos, actualmente só na rexión andina se mantén o seu uso tradicional.