![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/Roscoe_Arbuckle.jpg/640px-Roscoe_Arbuckle.jpg&w=640&q=50)
Roscoe Arbuckle
From Wikipedia, the free encyclopedia
Roscoe Conkling Arbuckle, nado en Smith Center (Kansas) o 24 de marzo de 1887 e finado en Manhattan o 29 de xuño de 1933, foi un actor cómico estadounidense do cinema mudo, coñecido como Fatty Arbuckle. Foi mentor de Charles Chaplin e descubriu a Buster Keaton e Bob Hope. Foi unha das estrelas mudas máis populares e influentes das décadas de 1910 e 1920 e un dos actores mellor pagados en Hollywood, asinando un contrato en 1920 con Paramount Pictures por 14 000 dólares.[1] Adoptou o alcume de Fatty, "gordecho" en inglés, a pesar de que devandito alcume só o usou profesionalmente porque o detestaba.[2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1887 ![]() Smith Center, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 29 de xuño de 1933 ![]() Nova York, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio ![]() |
Lugar de sepultura | Cremación ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | humorista , guionista , director de cinema , actor de cinema , actor ![]() |
Período de actividade | 1904 ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Addie McPhail (1931–1933) Doris Deane (1925–1929) Minta Durfee (1908–1925) |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Arbuckle tamén é coñecido polo "escándalo Fatty Arbuckle", cando foi acusado de violar e provocar a morte á actriz Virginia Rappe. Os seus xuízos convertéronse nuns dos primeiros "xuízos-espectáculo" de Hollywood.