activista antirracista norteamericana From Wikipedia, the free encyclopedia
Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks e tamén como Rosa Lee Parks [1], nada o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, no condado de Macon (Alabama) e finada o 24 de outubro de 2005 en Detroit, foi unha muller estadounidense de raza negra, costureira de oficio, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobús o 1 de decembro de 1955 deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos de América.
No 1950, Parks uniuse ao movemento dos dereitos civís, para o cal traballou como secretaria, rama da Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor (National Association for the Advancement of Colored People), NAACP, en Montgomery (Alabama). O 1 de decembro de 1955, alí, en Montgomery, Parks negouse a obedecer o chofer dun autobús público, o cal quería obrigala a ceder o seu asento a unha persoa de raza branca. Foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde.
En resposta ao encarceramento de Rosa, Martin Luther King, un pastor bautista daquela relativamente descoñecido, conduciu a protesta aos autobuses públicos de Montgomery, nos que colaborou tamén a activista e amiga da infancia de Rosa Parks Johnnie Carr, o que fixo necesario que a autoridade do transporte público terminase a práctica de segregación racial nos autobuses. Este suceso iniciou unha vaga de protestas contra a segregación.
Mentres, no 1956, o caso de Parks chegou finalmente á Corte Suprema dos Estados Unidos (a cúspide do poder xudicial estadounidense) que declarou que a segregación no transporte estaba en contra da constitución estadounidense. Parks converteuse nun símbolo do movemento de dereitos civís. Mudouse a Detroit (Míchigan) a principios da década de 1960, onde conseguiu emprego do representante afroamericano John Conyers (demócrata por Míchigan) desde 1965 até 1988.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.