Romeo e Xulieta (Chaikovskii)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Romeo e Xulieta é unha obra musical de Petr Ilich Chaikovskii, subtitulada Abertura-Fantasía, baseada na obra homónima de Shakespeare escrita (na súa primeira versión) en 1869. A diferenza doutras obras maiores de Chaikovskii, o compositor non lle adxudicou un número a Romeo e Xulieta, aínda que figura noutros catálogos alternativos numerada como TH 42[1] e ČW 39.[2]
Ó igual que outros compositores como Berlioz e Prokofev, Chaikovskii estivo fondamente inspirado por Shakespeare e ademais escribiu obras sobre A tormenta e Hamlet.
A idea de compoñer esta Abertura-Fantasía con tema shakesperiano foi inicialmente de Mili Balákirev, o líder do Grupo dos Cinco, e aínda que a obra estaba rematada en 1869, a versión que coñecemos hoxe en día data do ano 1880. O feito de que a tonalidade do "tema do amor" na súa primeira aparición (compás 183) sexa a de Re bemol Maior, que en alemán se abrevia como "Des", pode estar relacionado coa decepción amorosa que sufriu Chaikovskii coa cantante belga Désirée Artôt.[3]