From Wikipedia, the free encyclopedia
Roger the Engineer (título orixinal no Reino Unido: Yardbirds, nos Estados Unidos, Alemaña e Francia: Over Under Sideways Down) é un álbum da banda inglesa de blues rock The Yardbirds, editado o 15 de xullo de 1966 a través do selo Columbia Records. Foi producido pola baixista Paul Samwell-Smith e por Simon Napier-Bell. É o único traballo dos Yardbirds con todas as cancións orixinais. Aínda que o disco foi oficialmente titulado Yardbirds, dende entón referiuse a el, primeiro de xeito coloquial e despois semioficialmente, como Roger the Engineer, un título derivado do debuxo da portada do disco no que aparece o enxeñeiro Roger Cameron debuxado polo membro da banda Chris Dreja.
Roger the Engineer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Yardbirds | ||||
Publicado | 15 de xullo de 1966 | |||
Gravación | primavera e verán de 1966 | |||
Estudio(s) | Advision Studios, Londres | |||
Duración | 35:52 | |||
Xénero(s) | rock, blues rock, rock psicodélico | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Paul Samwell-Smith, Simon Napier-Bell | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
No ano 2003, o álbum foi colocado no número 349 da lista da revista Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].
Todos os temas compostos por Chris Dreja, Jim McCarty, Jeff Beck, Keith Relfe Paul Samwell-Smith (o apelido de Dreja aparece como "Drega" na edición estadounidense). Todas as cancións foron gravadas en estéreo agás onde se indique.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.