Robinson R44
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Robinson R44 é un helicóptero lixeiro de catro asentos producido por Robinson Helicopter Company dende 1992. Baseado no Robinson R22 de dous asentos, o R44 vonta con controis de voo asistidos hidraulicamente. Voou por primeira vez o 31 de marzo de 1990 e recibiu a certificación da FAA en decembro de 1992, sendo entregado o primeiro exemplar en febreiro de 1993.
Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
Robinson R44 | |
---|---|
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro |
Fabricante | Robinson Helicopter Company |
Primeiro voo | 31 de marzo de 1990 |
Introducido | 1993 |
Produción | 1990-presente |
Unidades construídas | máis de 5 800 |
Pechar
O R44 vén sendo o helicóptero de aviación xeral máis vendido no mundo dende 1999. Trátase do aparello deste tipo máis fabricado do século XXI, con 5 805 entregas dende o ano 2000 ata 2017.[1][2]