político eslovaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Fico (pronunciación eslovaca: [ˈfitsɔ]), nado en Topoľčany o 15 de setembro de 1964,[1] é un político eslovaco, actual primeiro ministro de Eslovaquia desde outubro de 2023, cargo que tamén ocupou de 2006 a 2010 e de 2012 a 2018. É o líder do partido Dirección - Socialdemocracia (Smer-Sociálna Demokracia, SMER-SD) desde 1999. Electo por primeira vez ao Parlamento en 1992 (aínda que dentro de Checoslovaquia), despois foi nomeado membro do Consello de Europa.
Formou o seu primeiro gabinete despois da vitoria do seu partido nas eleccións parlamentarias de 2006. Despois das eleccións parlamentarias de 2010 presentouse como líder da oposición no parlamento.
Após unha moción de confianza contra o gabinete de Iveta Radičová, Fico foi reelixido primeiro ministro cunha vitoria contundente nas eleccións parlamentarias de 2012, nas que conseguiu 83 escanos, e formou un goberno con maioría absoluta no parlamento, o primeiro. dende 1989.[2] En 2013, Fico declarou oficialmente a súa candidatura para as eleccións presidenciais de 2014. Perdeu as eleccións ante o seu rival político Andrej Kiska na segunda volta de votacións o 29 de marzo de 2014.[3]
O 15 de marzo de 2018, tras a crise política despois do asasinato de Ján Kuciak, Fico presentou a súa dimisión ao presidente Andrej Kiska, quen encargou formalmente ao viceprimeiro ministro Peter Pellegrini a formación dun novo goberno.[4] [5]
O Partido, Dirección - Social Democracia de Fico obtivo o maior número de votos nas eleccións lexislativas eslovacas de 2023 cun 22,95% dos votos e 42 escanos.[6] Fico formou a maioría parlamentaria ao asinar un acordo de goberno de coalición co partido de esquerdas Hlas-SD e o ultranacionalista Partido Nacional Eslovaco.[7] Fico detivo por completo a axuda militar a Ucraína na guerra ruso-ucraína e instou a conversas de paz.[8] [9]
O 15 de maio de 2024, Fico foi ferido por un arma de fogo na cidade de Handlova polo escritor eslovaco Juraj Cintula e trasladado a un hospital.[10] O Goberno de Eslovaquia afirmou que o ataque tivo unha motivación política.[11][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.