pintor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Delaunay, nado en París o 12 de abril de 1885 e finado en Montpellier o 25 de outubro de 1941, foi un pintor francés que utilizou o cubismo e a abstracción nos seus traballos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1885 París, Francia |
Morte | 25 de outubro de 1941 (56 anos) Montpellier, Francia |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Gambais |
Educación | Collège François-de-Laval (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e artes visuais |
Lugar de traballo | París Pont-Aven España |
Ocupación | pintor, deseñador de teatro, deseñador, artista visual |
Xénero artístico | Arte abstracta e Natureza morta |
Movemento | Cubismo órfico, simultanism (en) e Neoimpresionismo |
Alumnos | Lyonel Feininger (pt) e Léon Galand (pt) |
Participou en | |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Sonia Delaunay |
Fillos | Charles Delaunay |
Descrito pola fonte | Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 3 (en) , (p.327) The Art of The Countries and Peoples of The World. Tome 5 (en) , (sec:Франция, p.198) |
Nos seus comezos Delaunay concentrouse no impresionismo, mentres que máis adiante as súas obras foron evolucionando cara ó abstracto, reminiscencia de Paul Klee.
Cando era un neno, os pais de Delauney divorciáronse e foi criado polo seu tío, en La Ronchère (preto de Bourges). Comezou a pintar dende moi pequeno: no ano 1903 xa producía as súas obras de arte impresionista.
En 1908, despois do servizo militar, coñeceu a Sonia Delaunay, coa que máis tarde casou aínda que nesa época estaba casada cun alemán.
En 1909, Delaunay comezou a pintar unha serie sobre a cidade de París e a Torre Eiffel. Ó ano seguinte casou con Terk e instaláronse nun estudio na cidade de París, onde máis tarde tiveron un fillo.
Como invitación de Wassily Kandinsky, Delaunay uniuse en 1911 ó Der Blaue Reiter, un grupo de arte abstracta situado na cidade de Muníc, e os seus traballos evolucionaron cara ao abstracto.
O estoupido da primeira guerra mundial colleu a Delaunay e a súa dona de vacacións en España, o que fixo que, xunto cuns amigos, instaláranse en Portugal durante a guerra. Neste período, a parella fixo varios traballos como os deseños dos traxes da Ópera de Madrid, e Sonia Delaunay comezou o seu negocio de deseño.
Despois da guerra, en 1921, volveron a París. Delaunay continuou traballando no seu estilo abstracto. Durante a Exposition Internationale des Arts et Techniques dans la Vie Moderne (1937), en París, Delaunay participou no deseño das liñas do tren e dos pavillóns do aire.
Cando estourou a segunda guerra mundial, a familia Delaunay mudouse á Auverña, intentando evita-las invasións das tropas alemás. Sufrindo de cancro, a saúde de Delaunay deteriorouse morrendo o 25 de outubro de 1941, en Montpellier.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Delaunay |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.