From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Burton nado en Lindley o 8 de febreiro de 1577 e finado en Oxford o 25 de xaneiro de 1640 foi un ensaísta inglés.[1] É coñecido por ser o autor de The Anatomy of Melancholy ("A anatomía da melancolía", título orixinal completo: The Anatomy of Melancholy, What it is: With all the Kinds, Causes, Symptomes, Prognostickes, and Several Cures of it. In Three Maine Partitions with their several Sections, Members, and Subsections. Philosophically, Historically, Opened and Cut up), publicado en 1621 co pseudónimo de Democritus junior.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1577 Leicestershire, Reino Unido |
Morte | 25 de xaneiro de 1640 (62 anos) Oxford, Reino Unido |
Lugar de sepultura | catedral de Oxford (pt) |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Brasenose College, Oxford (pt) Bishop Vesey's Grammar School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Humanismo renacentista e literatura inglesa |
Ocupación | ensaísta, escritor, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Oxford |
Pseudónimo literario | Democritus junior |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | William Burton |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Burton, Robert, Democritus Junior |
Robert Burton obtivo un doutoramento na Universidade de Oxford e permaneceu en Oxford como pastor protestante. Era un home moi erudito, cunha profunda cultura humanística, e destes dotes deixou pegadas en A anatomía da melancolía, obra interesante e humorística, da que apareceron seis edicións entre 1621 e 1651, cada unha delas en aumento respecto á anterior. Inicialmente, Burton propúxose como obxectivo analizar a melancolía, investigando as súas causas e efectos. Non obstante, fixo adicións e correccións varias veces, aumentando o volume varias veces. Como resultado, o libro abrangue moitas máis áreas da vida humana, incluíndo a ciencia, a historia, a política e a reforma social.
Na parte da anatomía dedicada á paixón amorosa, Burton cita un fragmento da obra de Filóstrato: a historia da lamia, que adquiriu un aspecto feminino e seduciu ao novo filósofo. Moito máis tarde, en 1819, esta trama da historia de Burton inspirou ao romántico inglés John Keats a escribir o poema Lamia.
A súa prosa, chea de citas en latín e grego, ten un carácter estrambótico. A pesar do seu sentido do humor, Burton non podía ocultar a inquietude que lle espertaba a súa patoloxía depresiva. A primeira edición en inglés tiña 900 páxinas e contiña 350000 palabras; a última tiña 1500 páxinas e contiña máis de 500000 palabras. No texto contabilizáronse 13333 citas de 1598 autores diferentes.
Burton tamén é autor de Philosophaster, unha comedia satírica en latín.
Burton foi chamado o "Montaigne inglés". Podería chamarse "o Montaigne barroco". O patetismo da cognición humana é substituído pola súa curiosidade pola patoloxía humana. O seu libro consiste nunha estraña acumulación dunha gran variedade de material sobre as diferentes formas e manifestacións da "melancolía" no seu sentido antigo: a descarga anormal da "bile negra". Característica do Barroco é a súa curiosidade omnívora, non guiada por ningún patetismo, e a atención ás formas anormais e dolorosas de conciencia. D. S. Mirsky
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.