director de cine estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Robert Bernard Altman, nado o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City e finado o 20 de novembro de 2006 nos Ánxeles, foi un director de cinema norteamericano. En 2006, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñecei o seu traballo cun Premio Honorífico da Academia. Os seus filmes MASH e Nashville foron seleccionados para a súa conservación no Rexistro Cinematográfico dos EUA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1925 Kansas City, Estados Unidos de América |
Morte | 20 de novembro de 2006 (81 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | leucemia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Wentworth Military Academy and College (en) Rockhurst High School (en) Southwest Early College Campus (en) Southwest High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , libretista , director teatral , actor de cinema , realizador , escritor , produtor de cinema , montador , guionista , produtor |
Período de actividade | 1947 - |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Familia | |
Fillos | Robert Reed Altman (en) |
Premios | |
Páxina web | robertaltman.com |
|
Altman naceu en Kansas City, Missouri, fillo de Bernard Clement Altman e Helen Mathews. De ascendencia alemá, inglesa e irlandesa,[1][2] o seu avó paterno, Frank Altman, Sr., cambiou o apelido de "Altmann" a "Altman".[2] Altman tivo unha estrita educación católica.[3] Estudou no colexio St. Peter's School, en Rockhurst High School e en Southwest High School en Kansas City, e foi logo enviado á academia militar Wentworth Military Academy nos arredores de Lexington, Missouri, onde estivo durante os seus primeiros anos universitarios. En 1943, entrou nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), sendo foi copiloto dun bombardeiro B-24 durante a segunda guerra mundial. Durante esta época Altman viu as primeiras luces de Hollywood e namorouse delas. Despois do seu retiro en 1947 mudouse aos Ánxeles e seguiu unha carreira como actor, director e guionista.
Tras varios fracasos como director e dedicarse á dirección de televisión en series como Bonanza ou Alfred Hitchcock Presents, coñeceu o éxito grazas ao filme M*A*S*H (1970), sátira da guerra de Corea que logrou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A partir de aquí desenvolveu unha carreira ascendente que, con subidas e baixadas, o converteu nun dos directores estadounidenses máis orixinais da segunda metade do século XX.
O seu emprego do movemento continuo das cámaras e o cinema coral son referentes no seu estilo e crearon escola.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.