![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7f/Flag_of_Riohacha.svg/langgl-640px-Flag_of_Riohacha.svg.png&w=640&q=50)
Riohacha
cidade e concello do departamento de La Guajira, Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Riohacha (en wayuunaiki: Süchiimma; que se traduce como a "Terra do Río") é un concello colombiano, capital do departamento de La Guajira.[1] Atópase na costa do mar Caribe, no delta do río Ranchería. É o segundo concello con maior extensión territorial no seu departamento e constitúe unha vasta engrenaxe de entidades públicas, bancos e entidades financeiras, sede da Diocese de Riohacha; institucións culturais, educativas, escenarios deportivos e o seu sector comercial. Conta cunha poboación estimada de 277 913 (2017) habitantes distribuída en 15 correxementos, 8 resgardos indíxenas e a súa cabeceira municipal que se ensancha afastándose da costa.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | La Guajira ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 167.865 (2005) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5.020 km² ![]() | ||||
Altitude | 5 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Nikolaus Federmann (pt) ![]() ![]() | ||||
Creación | 1547 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 440001 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | alcaldiaderiohacha.gov.co ![]() |
Instituída a mediados do século XVI, é considerada como unha das cidades fundadas por españois máis antiga de América. A súa historia demóstranos un pasado de "destrución e reconstrución": en 1596 foi destruída polo pirata inglés Francis Drake; a mediados do século XVII o mar arrasou gran parte da cidade; en 1820 as forzas patriotas, despois de librar a batalla naval da Lagoa Salá, queimaron a cidade para asegurarse que non fose reocupada por realistas. É por iso considerada O Fénix do Caribe. No pasado estivo habitada principalmente por indíxenas eneales, guanebucanes, wiwas e wayuus; estes dous últimos aínda viven no concello. Desde eses tempos era considerada un templo ou santuario de enterros preciosos e "pagamentos".