Rexión de Valparaíso
Rexión de Chile / From Wikipedia, the free encyclopedia
Valparaíso é unha das 16 rexións do Chile. A súa capital é a cidade de Valparaíso. É sede do Congreso Nacional e tamén do ministerio de Cultura. Xunto aos municipios lindeiros de Viña del Mar, Concón, Quilpué e Villa Alemana, forma o Gran Valparaíso, sendo a segunda cidade máis poboada de Chile, con 1.300.000 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Capital | Valparaíso | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.815.902 (2017) (110,75 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua rapanui | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 16.396,1 km² | ||||
Altitude | 312 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Consello Rexional de Valparaíso Circunscrición: 9, (Escano: 28) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | CL-VS | ||||
Páxina web | gorevalparaiso.cl |
A rexión de Valparaíso é o centro universitario máis importande do país. Conta con 13 universidades e centros de formación técnica, con máis de 200 mil estudantes.
As comunas do Gran Valparaíso tamén reciben máis de 4 millóns de turistas por ano, dos cales un 50% son nacionais e un 30% son arxentinos, 12% brasileiros e 8% americanos e europeos.
As principais actividades económicas da rexión corresponden ao sector portuario e ao sector terciario, sendo a industria do turismo a máis próspera.
Valparaíso é coñecida como a capital cultural, lexislativa e turística de Chile, é a terceira rexión máis poboada despois de Santiago e Bio Bio, e ten a segunda cidade máis poboada, que é Valparaíso.
Limita polo oeste co océano Pacífico, polo leste coa Arxentina, polo norte coa rexión de Coquimbo, polo sueste coa Rexión Metropolitana de Santiago e a suroeste coa rexión de O'Higgins.