Revolver (álbum)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Revolver é o sétimo álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 5 de agosto de 1966 a través do selo Parlophone. Moitos dos temas que aparecen en Revolver teñen un son con guitarras máis roqueiras, que contrasta co seu anterior traballo, o folk rock Rubber Soul (1965). No Reino Unido, as catorce cancións do disco foron publicadas para as emisoras de radio ao longo do mes de xullo de 1966.
Datos rápidos Revolver, Álbum de The Beatles ...
Revolver | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Beatles | ||||
Publicado | 5 de agosto de 1966 | |||
Gravación | 6 de abril - 21 de xuño de 1966 | |||
Estudio(s) | EMI Studios, Londres | |||
Duración | 35:01 | |||
Xénero(s) | rock psicodélico | |||
Selo(s) | Parlophone (UK), Capitol (US) | |||
Producido por | George Martin | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Acadou o número 1 tanto nas listas británicas como estadounidenses, posto que ocupou sete e seis semanas respectivamente. Foi colocado no primeiro lugar da lista dos "1000 mellores álbum de todos os tempos" e no número 3 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].