República de Lakota
república proposta nos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
república proposta nos Estados Unidos From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
Republic of Lakotah ou Lakotah é un estado autoproclamado dentro das fronteiras dos Estados Unidos que reclama parte dos estados de Dacota do Norte, Dacota do Sur, Nebrasca, Wyoming e Montana como o fogar do pobo lakota. Ten unha poboación estimada en 2005 de 100.000 persoas[1] (incluída só a xente de orixe lakota).
Lema | «Mitaku Oyasin» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Porcupine | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 100.000 (0,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 200.000 km² | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Matriarcado Confederación | ||||
Páxina web | republicoflakotah.com |
As fronteiras propostas son as establecidas no Tratado de Fort Laramie (1851) entre o goberno dos Estados Unidos e os lakota.
Un grupo de amerindios norteamericanos, denominados Delegación de Liberdade Lakota, argumenta que a afirmación recente de independencia non é unha secesión dos Estados Unidos, senón unha reiteración de soberanía.
Ata data actual, o país non é recoñecido e certos membros dos lakota argumentan que non foron representados nas decisións. O verdadeiro grado de apoio á Delegación de Liberdade Lakota ou para a renuncia lakota dos Estados Unidos é descoñecido.
A Delegación de Liberdade Lakota non recoñece nin a ós presidentes nin ós gobernos tribais recoñecidos pola Oficina de Asuntos Indíxenas estadounidense, acusándoos de «colaboracionistas».