Remolcador
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un remolcador, é un barco pequeno empregado para manobrar, principalmente ao tirar ou empurrar a outros barcos nun peirao, mais tamén no mar aberto ou polos ríos ou canais. Tamén se usan para remolcar barcazas, barcos incapacitados ou outros equipos. Os remolcadores son moi potentes para o seu tamaño. Os primeiros remolcadores tiñan un motor a vapor; hoxe en día funcionan con gasóleo. Os motores dos remolcadores desenvolven unha potencia de 750 a 3.000 cabalos de forza (de 500 a 2.000 kW), aínda que os máis grandes (usados en augas máis profundas) poden producir ata 25.000 cabalos de forza (20.000 kW).
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2016.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/05/Remolcador_02.jpg/640px-Remolcador_02.jpg)
Os remolcadores teñen unha gran capacidade de manobrabilidade. Esta característica, fundamental nas operacións de remolque, tamén aumenta a seguridade. Os novos deseños deste tipo de embarcacións empregan tobeiras de propulsión a chorro, sendo estas direccionais co que se eliminan o temón e a hélice. Este deseño permite eliminar os accidentes cos cables de remolque.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/af/Tugboat_diagram-es.svg/640px-Tugboat_diagram-es.svg.png)