From Wikipedia, the free encyclopedia
A remolacha azucreira (Beta vulgaris L. subsp. vulgaris var. altissima Döll) é unha variedade da remolacha común de onde se obtén azucre de forma industrial, existindo outras variedades como a acelga, a remolacha hortícola e a remolacha forraxeira. A raíz da remolacha azucreira foise seleccionando durante anos para conseguir unha maior porcentaxe de azucre na súa composición e unha maior capacidade agrícola.
Remolacha azucreira | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dúas raíces de remolacha azucreira | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Beta vulgaris L. |
A Unión Europea, os Estados Unidos, e Rusia son os tres principais produtores de remolacha azucreira do mundo,[1] pero soamente a Unión Europea e Ucraína son exportadores significativos de azucre de remolacha.
En 2009 Francia, os Estados Unidos, Alemaña, Rusia e Turquía foron os cinco maiores produtores de remolacha azucreira[3] porén, en 2010-2011, América do Norte e Europa do leste non produciron azucre de abondo, polo que tiveron que importar[4] Os Estados Unidos colectou 4.065 km² de remolacha azucreira en 2008.[5] En 2009 a remolacha azucreira achegou o 20% do azucre mundial.[6]
A remolacha azucreira, coma a cana de azucre, necesita sun solo peculiar e dun clima específico para un cultivo axeitado. O requirimento máis importante é que o solo debe fornecer á planta os nutrientes esenciais, ser rico en humus, de xeito que teña unha boa textura para reter auga. Certa cantidade de álcalis non é necesariamente prexudicial, xa que é un cultivo que atura ben estes compostos. O solo debe estar ben nivelado e ter unha boa drenaxe, especialmente cando hai rega.[7]
Medra ben en solos areentos e francos, aínda que o solo ideal para o cultivo da remolacha azucreira é o franco-areento: unha mestura de materia orgánica, arxila e area. Non é bo un subsolo de grixo ou rocha nai a pouca fondura, xa que se require bastante profundidade.
As condicións climáticas, temperatura, radiación sola, choiva e vento teñen unha imporante influencia no éxito do cultivo da remolacha azucreira. Unha temperatura ideal vai dos 15 aos 21 °C durante os meses de cultivo. En ausencia de rega, requírense polo menos 460 mm de choiva. Os ventos fortes son daniños para a cultura xa que impiden agromar as beterrabas noviñas. Unha das condicións importantes é ter ciclos de luz longos (días longos) pero non moi intensos. Polo que preto do ecuador, os días curtos e a calor intensa fan que o contido de azucre na remolacha sexa baixo.[7] Porén, nos lugares altos onde a temperatura do día é alta, mais refresca á noite, a calidade da beterraba é excelente.
Cómpre preparar ben o terreo, un arado profundo é o primeiro principio para o cultivo da remolacha azucreira, xa que permite ás raíces penetraren no subsolo sen obstrucións e evitan que a beterraba saia por riba do chan, estando mellor nutrida. Se o solo é moi duro as raíces non penetrarán axeitadamente e a planta irá saíndo polo chan durante o ciclo de cultivo. Un subsolo duro é impermeábel á auga e evita unha correcta drenaxe. Idealmente o solo debe ser profundo e lixeiro para que penetren as raíces e o ar. A remolacha azucreira esgota os nutrientes do solo axiña, polo que a rotación de cultivsos é necesaria; normalmente a reomolacha azucreira cultívase nas mesmas leiras cada tres anos, alternado con chícharos, feixóns e cereais.[7]
Na maioría dos climas temperados as remolachas plántanse na primavera e se apañan polo outono. No extermo norte da súa área de cultivo a estación de cultivo só dura uns 100 días. En climas máis quentes, por exemplo en California a remolacha azucreira é un cultivo de inverno, plantándose polo outono e colleitando en primavera. Nos últimos anos, a Syngenta desenvolveu unha remolacha azucreira tropical, que permite cultivala en condicións tropicais e subtropicais.
Até a segunda metade do século XX, a produción da remolacha azucreira requiría de moita man de obra, por exemplo no control da maleza, que se controlaba coa densidade de plantación e co uso de aixadas, polo menos tres veces durante o ciclo. A colleita tamén requiría de moitos traballadores. Aínda que as raíces podían tirarse cunha especie arado, e coa axuda de bestas, o resto da preparación era artesanal.
U Harvesting also required many workers. Although the roots could be lifted by a plough-like device which could be pulled by a horse team, the rest of the preparation was by hand. Un traballador apañaba as plantas puxando polas follas, despois sacudíaas para limpalas de restos de terra e deitábaas en ringleira, coas follas para un lado e a raíz para o outro. Un segundo traballador, equipado cunha especie de fouciña, segue ao primeiro e separa as follas da raíz. Deste xeito, vai deixando unha fileira de beterrabas para seren despois carrexadas.
Hoxe en día, a sementeira mecánica, a aplicación de herbicidas para o control de malas herbas e a colleita mecánica desprazaron o traballo manual. A maquinaria moderna usa unha serie de coitelas para separar a raíz da coroa (que ten alto contido en impurezas non azucreiras). A colleitadora de romolacha levanta a raíz e remove o exceso de solo e é quen de cubrir seis ringleiras á vez, as beterrabas métense en camións que as levan ás factorías.
Se as beterrabas teñen que agardar para seren transportadas ás fábricas, normalmente fanse moreas e se protexen con fardos de palla. Sempre que as moreas estean ben construídas, coa ventilación axeitada, as beterrabas non se deterioran. Ademais as beterrabas que se conxelan e despois desconxelan producen carbohidratos complexos que causan severos problemas de produción na fábrica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.