Reino de Islandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Reino de Islandia (en islandés: Konungsríkið Ísland) foi unha monarquía constitucional establecida o 1 de decembro de 1918[1] e finalizada o 17 de xuño de 1944, cando se proclamou a república en Islandia.[2][3] O reino de Islandia foi sucesor do Estado autónomo islandés e representou a fin da loita pola independencia de Islandia, que fora controlada pola coroa dinamarquesa desde 1380, aínda que formalmente fora unha posesión norueguesa ata 1814.
Konungsríkið Ísland (is) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Reiquiavik | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.791 (1,24 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua islandesa lingua dinamarquesa lingua norueguesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 103.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de decembro de 1918 | ||||
Disolución | 17 de xuño de 1944 | ||||
Sucedido por | Islandia | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | ||||
A Acta de Unión de 1918 estableceu unha unión persoal de Islandia co rei de Dinamarca, quen pasou a ser tamén rei de Islandia. Islandia pasou a ser un Estado soberano, que dispoñía da súa propia bandeira e competencia exclusiva en materia de asuntos lexislativos interiores, exercida a través do parlamento Alþing. Porén, a soberanía islandesa non era total, posto que a xestión das augas territoriais e as relacións internacionais eran dependentes do goberno de Dinamarca.
Durante a súa existencia, o novo reino tivo que facer fronte a varios retos, como a reconstrución da economía trala primeira guerra mundial. A segunda guerra mundial supuxo unha etapa decisiva na historia do país, coa invasión polas forzas británicas. En 1944 nun referendo, os islandeses decidiron poñer fin á unión con Dinamarca, proclamando a república o 17 de xuño dese ano.[2]