Reinado de Isabel II de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
O reinado de Isabel II é o período da historia contemporánea de España comprendido entre a morte de Fernando VII en 1833 e o triunfo da Revolución de 1868, que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a minoría de idade (1833-1843) durante a que asumiron a rexencia, primeiro a súa nai María Cristina de Borbón e, despois, o xeneral Baldomero Espartero; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en 1843 da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do Estado liberal en España.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Himno | Real Valladolid | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | Sexenio Democrático | ||
Tras a morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, Isabel II. O conflito co seu cuñado, Carlos María Isidro de Borbón, que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da Lei Sálica —xa derogada por Carlos IV e o propio Fernando VII— levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.
Tras a breve rexencia de Espartero que sucedeu á rexencia de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, Isabel II foi proclamada maior de idade con só trece anos por resolución das Cortes Xerais en 1843. Así comezou o reinado efectivo de Isabel II que adoita dividirse en catro períodos: a década moderada (1844-1854); o Bienio Progresista (1854-1856); a etapa dos gobernos da Unión Liberal (1856-1863) e a crise final (1863-1868).
O reinado de Isabel II caracterizouse por un intento modernizador de España que se viu contido, porén, polas tensións internas dos liberais, a presión que seguiron exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmente influídos polo estamento militar e o fracaso final ante as dificultades económicas e a decadencia da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático. Tamén influíu moito no seu reinado a súa propia personalidade, sen dotes para o goberno e controlada en todo momento polas Cortes, especialmente pola súa propia nai, e tamén polos xenerais Narváez, Espartero e O'Donnell, o que impediu que se consolidase o tránsito do Antigo Réxime ao Estado Liberal, polo que España chegou ao último terzo do século XIX en condicións desfavorables respecto a outras potencias europeas.