Denominase Década Ominosa (1823-1833) o período da historia de España que corresponde á última fase do reinado de Fernando VII e á restauración do absolutismo tralo Trienio liberal (1820-1823) en que rexeu a Constitución de Cádiz promulgada en 1812.

Thumb
Fernando VII.

Desenvolvemento

Thumb
O Duque de Angulema.
Thumb
Rafael del Riego.

O período ábrese o 7 de abril de 1823 coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís, exército francés ao mando de Lois Antón de Borbón, duque de Angulema, que someteu a España liberal por orde da Santa Alianza, moi preocupada polo desenvolvemento do liberalismo en España e acirrada polos emisarios secretos que o rei español enviara ás potencias coaligadas para lle evitaren ter que gobernar sometido a unha constitución.[1][2][3][4]

Neste período tivo lugar unha gran represión dos liberais que puideron quedar na Península, pois os máis significados tiveran que emigrar en masa, sobre todo a Londres (onde se concentraron no barrio de Somerstown), pero tamén a Malta, París, Estados Unidos e ás recentemente creadas repúblicas hispanoamericanas para evitar a morte. O xeneral Rafael del Riego foi executado na praza da Cebada de Madrid o 7 de novembro de 1823 como medida exemplificadora.

Estableceuse unha estrita censura, redactouse un arcaico e reaccionario plan de estudos universitarios (polo ministro de Graza e Xustiza Francisco Tadeo Calomarde) e foron sufocados, por unha parte, diversos levantamentos precarlistas pola irresolta cuestión da lei sálica, como o dos Malcontents en Cataluña, e pola outra, intentos de insurrección liberal e pronunciamentos preparados na súa maior parte no estranxeiro, como o de Torrijos ou a expedición dos Coloraos en Almería, entre outros moitos.

O exército francés permaneceu varios anos en España, pagado polos impostos sangrados a un país en bancarrota e sometido por un rei afrancesado ridiculizado en toda Europa e temoroso do exército popular nacido na Guerra da Independencia, polo que o substituíu polos escuadróns locais dos chamados Voluntarios Realistas, un corpo tradicionalista partidario da alianza entre trono e altar, que pretendía substituír a Milicia Nacional voluntaria liberal.

Perdeuse definitivamente o tren da Revolución Industrial, que se desenvolvería tardía e irregularmente en España, e foron executados liberais inocentes, como Mariana Pineda ou o libreiro Miyar.

O 31 de marzo de 1830 Fernando VII publica a Pragmática Sanción, aprobada por Carlos IV en 1789 mais non promulgada, que permitía a sucesión feminina no trono, polo que as aspiracións á Coroa do irmán do rei foron truncadas co nacemento de Isabel II, o que pouco despois daría lugar á Primeira Guerra Carlista.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.