cançó de Lys Assia From Wikipedia, the free encyclopedia
«Refrain» ([ʁə.fʁɛ̃]; en galego: «Retrouso»; orixinalmente titulada «Refrains») é unha canción composta por Géo Voumard e interpretada en francés por Lys Assia.[1] Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-la final nacional suíza en 1956.[2] Declarouse gañadora desa edición, converténdose na primeira gañadora do festival.[3]
Refrain | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1956 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Géo Voumard (música) Émile Gardaz (letra) |
Resultados | |
Posto na Final | 1.º |
Puntos na Final | - |
Cronoloxía | |
◄ «Das alte Karussell» (1956) | |
«L'enfant que j'étais» (1957) ► |
Esta canción participou na final nacional para elixir as dúas actuacións que representarían a Suíza no Festival de Eurovisión 1956. Esta celebrouse o 28 de abril de 1956.[4] Finalmente, as cancións «Das alte Karussell» e «Refrains» declaráronse gañadoras da gala.[4][5]
A canción participou no festival celebrado no Teatro Kursaal de Lugano o 24 de maio de 1956, sendo interpretada por Lys Assia.[3] A orquestra foi dirixida por Fernando Paggi.[6]
Foi interpretada en noveno lugar, seguindo aos Países Baixos con Corry Brokken interpretando «Voorgoed voorbij» e precedendo a Bélxica con Mony Marc interpretando «Le plus beau jour de ma vie».[7] A canción foi anunciada gañadora ao final do certame.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.