![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Papereta_CA_ES-page-001.jpg/640px-Papereta_CA_ES-page-001.jpg&w=640&q=50)
Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
O referendo de autodeterminación de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014. Foi un referendo sobre o "futuro político de Cataluña"[1] que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte de Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,[2][3][4][5] e coñecido como "Pacto pola Liberdade".[2][6][7] O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous se comprometerían en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo."[1][8] Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.
Referendo de autodeterminación de Cataluña de 2014 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 9 de novembro de 2014 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | Referendo de independencia ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación
![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia se celebraría o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?".[9][10] O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."[11][12]
O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa.[13] Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3[14] e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.[15]