xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Recurvirostra é un xénero de aves da orde dos caradriformes, que é o tipo da familia dos recurvirróstridos.
Recurvirostra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Recurvirostra avosetta (avoceta) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Recurvirostra avosetta Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
As especies do xénero Recurvirostra teñen patas longas e moven dos seus picos, longos, delgados e curvados cara a arriba, e dun lado para outro cando se alimentan nas zonas húmidas, salobres ou salinas nas que habitan. A súa plumaxe é de varias cores.
Os membros deste xénero teñen as patas palmadas e nadan facilmente. A súa dieta consiste en insectos acuáticos e outros pequenos animais. En contornas como os estuarios, poden alimentarse nos lodos das marismas costeiras.
Aniñan no solo, en colonias.
O xénero foi descrito en 1758 por Linneo, na páxina 151 do volume 1 da 10ª edición do seu Systema Naturae que, daquela, incluía unha soa especie, Recurvirostra avosetta, a avoceta.[1]
O nome científico do xénero, Recurvirostra, está formado pola unión dos elementos ''recurvi- e -rostra, tirados do latín clásico o adxectivo recurvus, -a, -um, "dobrado" ou "curvado cara a atrás", e o substantivo rostrum, -i, "bico de ave".[2] Literalmente: "as do bico curvado".
O xénero comprende catro especies.[3][4]
Imagxe | Nome científico | Distribución |
---|---|---|
Recurvirostra americana | Centro e oeste dos Estados Unidos, sur da Florida, México, Saskatchewan e Alberta | |
Recurvirostra andina | Arxentina, oeste de Bolivia, norte de Chile e sur do Perú | |
Recurvirostra avosetta | Europa temperada e Asia occidental e central | |
Recurvirostra novaehollandiae | Australia | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.