Recopa de Europa de Fútbol Sala
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Recopa de Europa de fútbol sala é unha competición de clubs de fútbol sala europeos que se disputa anualmente dende o 2002, aínda que non é oficialmente recoñecida pola UEFA, mais que nun futuro espérase que si o sexa, ao igual que a Copa da UEFA de fútbol sala. En 1990 existiu unha Recopa patrocinada por Mundo Deportivo que non tivo continuidade e da que foi campión o FC Barcelona
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol sala ![]() |
Organizador | Liga Nacional de Fútbol Sala ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2002 – ![]() |
Calendario da tempada | primavera – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Pechar
É disputada polos campións das Copas dos respectivos países adscritos á competición, entre os que destacan as federacións de: España, Italia, Portugal, Rusia, Casaquistán, Bélxica, República Checa, Grecia...
A fase final a disputan o vencedor da edición anterior, o equipo anfitrión do torneo, e 4 equipos clasificados dunha rolda previa.