Recocemento
From Wikipedia, the free encyclopedia
Recocemento é un tratamento térmico utilizado en pezas de aceiro ou outros materiais, que consiste nun quecemento nun forno a unha temperatura adecuada e un arrefriamento lento, normalmente no interior do propio forno usado para o quecemento, desligado.
Tratamentos térmicos |
---|
Témpera |
Endurecemento |
Cementación |
Este tratamento visa recuperar propiedades modificadas por outros tratamentos térmicos, por usinaxe a frío, por soldadura, ou aínda para regularizar pezas brutas fundidas, forxadas ou laminadas. O recocemento elimina tensións internas, diminue a dureza, aumenta a usinabilidade e a ductilidade, reducindo ademais a resistencia mecánica.
A temperatura para o recocemento debe ser superior á temperatura de recristalización, a cal, para a maioría dos metais sitúase entre 1/2 e 1/3 do respectivo punto de fusión. Para os aceiros a temperatura de recocemento é superior á da zona crítica (austenitización). A permanencia na temperatura elevada normalmente é de 1h a 3h, e a taxa de arrefriamento é de 25 °C/h.