Real Casa da Moeda dos Países Baixos
ceca neerlandesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Real Casa da Moeda dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Nederlandse Munt -KNM-), radicada en Houten, é unha compañía de titularidade estatal, establecida como casa de moeda no século XVI e que, desde 1807, é a única entidade autorizada para a cuñaxe de moeda nese reino europeo.[1][2][3]
- Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda
Real Casa da Moeda dos Países Baixos –Koninklijke Nederlandse Munt (KNM)– | |
---|---|
Edificio da Real casa da Moeda dos Países Baixos | |
Tipo | Sociedade anónima privada. |
Fundación | 1567 |
Localización | Gouden Hoon 1, 3991 CX. Houten. ![]() |
Fundador | Goberno dos Países Baixos. |
Persoas clave | Director: Bert van Ravenswaaij. |
Industria | Metal. |
Produtos | Moedas e medallas. |
Na rede | |
http://www.knm.nl/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde 1815, a súa marca da ceca é un caduceo alado, que a partir de 1830 foi introducido en todas as moedas cuñadas nela.[4]
O edificio que a alberga, recoñecido polo goberno como Rijksmonument, está desde 1911 na rúa Leidseweg, próximo á canle Merwede, e foi deseñado polo arquitecto C. H. Peters en estilo neoclásico.[3][5]
A casa de moeda comparte sede co Museo do Diñeiro dos Países Baixos (Geldmuseum), xestionado polo Banco dos Países Baixos (De Nederlandsche Bank).[6][7]