especie de fungo comestíbel From Wikipedia, the free encyclopedia
O ratiño[1] (Tricholoma terreum), é un cogomelo comestíbel co chapeu cónico cando é novo e plano convexo na madureza, de cor agrisada, máis clara cara á marxe, pé cilíndrico, branco ou con tonalidades agrisadas e sabor doce.[2] Pertence ao xénero Tricholoma.[3] Tricholoma myomyces é un sinónimo da especie.
Ratiño | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Tricholoma terreum (Schaeff.) P. Kumm. 1871 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Orixinalmente, describiuse como Agaricus terreus en 1762 por parte de Jacob Christian Schäffer e, dous anos despois, como Agaricus myomyces por Christian Hendrik Persoon. O seu nome actual débese a Paul Kummer, que o circunscribiu ao xénero en 1871.
Trátase dun fungo cun corpo de frutificación en forma de cogomelo de cor cinsenta, con escamas agrisadas tamén. O estipe carece de anel ou volva. O himenio é laminado e de cor clara, as lamas dispóñense de xeito libre. As esporas son ovais, de 6–7 μm de lonxitude e 3,5-4,4 μm de largura.[4][5]
Considérase un bo comestíbel, aínda que a súa semellanza con especies tóxicas recomendan moita precaución na súa colla e identificación.[5][6]
O ratiño atópase en Europa. Os cogomelos abrollan baixo as coníferas, particularmente en piñeirais e formacións de piceas dende finais do verán até finais do outono. Poden tamén aparecer en parques, preto dese tipo de árbores, medrando en grupos bastante densos que forman aneis. Foi introducido en Australia, onde aparece baixo plantacións exóticas de piñeiro insigne (Pinus radiata).[7][8]
Posúe un sabor lene, polo que se considera unha boa especie de cogomelo comestíbel. Adóitase atopar nas feiras das vilas de Francia xunto con funís anubrados (Clitocybe nebularis) e mais cos tortullos (Tricholoma portentosum). Porén, as autoridades recomendan que os afeccionados á micoloxía eviten todas as especies de Tricholoma de cores agrisadas xa que son moi semellantes e algunhas son velenosas.[6] Ensaios químicos recentes amosan que esta especie pode conter toxinas que poderían causar rabdomiólise (creba ou lise rápida de músculo esquelético (rabdomio) debido á lesión no tecido muscular).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.