![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/San_Miguel_de_Rar%25C3%25ADs%252C_Teo%252C_Galiza_01.jpg/640px-San_Miguel_de_Rar%25C3%25ADs%252C_Teo%252C_Galiza_01.jpg&w=640&q=50)
Rarís, Teo
parroquia civil do concello de Teo / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Miguel de Rarís é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Teo. Segundo o IGE en 2018 tiña 611 habitantes (324 homes e 287 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación en 7[2] km², o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 579 habitantes.
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Rarís | |
---|---|
![]() Igrexa de San Miguel de Rarís. | |
Concello | Teo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°46′57″N 8°33′41″O |
Área | 7,0 km² |
Poboación | 608 hab. (2019) |
Densidade | 86,86 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Rarís ten vistas do Pico Sacro e de diversos lugares da redonda. Destaca o espazo natural do Pozo da Xerpa.
O equipo local de fútbol xoga no grupo 9 da Terceira Autonómica de Galicia, e xoga no campo das Medas.
O primeiro sábado de xullo fanse alfombras florais en honra ó Santísimo.