![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c1/Urocyon_littoralis_pair.jpg/640px-Urocyon_littoralis_pair.jpg&w=640&q=50)
Raposo gris das illas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O raposo gris das illas ou raposo insular (Urocyon littoralis) é un pequeno cánido en perigo de extinción que só vive nas Illas Santa Bárbara, un pequeno arquipélago localizado fronte ás costas de California. É unha das dúas especies actuais clasificadas no xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris (Urocyon cinereoargenteus), o seu devanceiro no continente. É o raposo de menor tamaño de América do Norte e un dos máis pequenos do mundo, pois rivaliza por este título co fenec (Fennecus zerda) de África.
Raposo gris das illas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||
Estado de conservación | |||||||||
![]() Crítico[1] | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Nome binomial | |||||||||
Urocyon littoralis[2] (Baird, 1857)[3][4] | |||||||||
![]() Mapa de distribución |
A poboación do raposo gris das illas descendeu fortemente durante a década de 1990 por mor das enfermidades introducidas no arquipélago, da actividade humana e da depredación da aguia real. Dende 2004, as catro subespecies máis ameazadas están protexidas e puxéronse en marcha plans de conservación do seu hábitat e de cría en catividade.