cantante español From Wikipedia, the free encyclopedia
Raúl Vázquez García, coñecido como Raoul Vázquez, nado en Montgat o 19 de marzo de 1997, é un cantante e compositor español. Comezou a gañar notoriedade a finais de 2016 coa súa participación na cuarta edición do programa de televisión La voz.[1] O seu ascenso á fama chegou un ano despois, a finais de 2017, cando participou na novena edición de Operación Triunfo.[2]
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Raúl Vázquez García 19 de marzo de 1997 (27 anos) Montgat, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor, actor |
Período de actividade | 2017 - |
Xénero artístico | Música pop |
Participou en | |
19 de setembro de 2012 | La voz |
22 de outubro de 2001 | Operación Triunfo |
Familia | |
Irmáns | Álvaro Vázquez |
É irmán do futbolista Álvaro Vázquez.
Naceu na localidade barcelonesa de Montgat, nunha familia de orixe galega, con raíces en Lugo e Portomarín,[3] sendo o segundo fillo de Susana García e Manuel Vázquez. O seu irmán máis vello é o futbolista Álvaro Vázquez.[4] Aos 14 anos mudouse xunto coa súa familia a Swansea, despois de que seu irmán fose cedido do Getafe ao Swansea City. Aínda que sempre quixo ser cantante, non foi ata os 16 anos cando unha mestra o motivou para tomar clases de canto e interpretación e para asistir a audicións. Así comezou a súa formación na técnica vocal que continuaría tralo seu regreso a España.[5] Foi durante a súe etapa en Gales cando engadiu un "o" ao seu nome, converténdoo en "Raoul".[5]
En outubro de 2016 presentouse ás "audicións a cegas" do programa de talentos La voz emitido por Telecinco, interpretando "Jar Of Hearts" de Christina Perri,[6] conseguindo que Melendi o seleccionase para o seu equipo.[7] Enfrontouse na fase de batalla contra o seu compañeiro Job Navarrete interpretando a canción "Impossible" de James Arthur,[8] logrando eliminalo e pasar de rolda. Finalmente foi eliminado ás portas dos cuartos de final coa súa interpretación de "I'm Not The Only One" de Sam Smith.[9] Malia ser eliminado, Melendi pediulle a Universal Music que lle cedese a carreira de Raoul para axudarlle a publicar o seu primeiro traballo no mercado.[10] Nesa mesma edición coincidiu coa daquela descoñecida Belén Aguilera.
Na primavera de 2017, mentres traballaba nun hotel de Eivisa transportando equipaxes e como cantante, presentouse ás audicións de Operación Triunfo, programa que volvía a TVE despois de seis anos sen se emitir.[11] En outubro foi seleccionado para ingresar na academia defendendo en directo, durante a primeira gala da edición, «Catch and Release» de Matt Simons.[12] Durante a edición destacou a súa versión de "Million Reasons" de Lady Gaga.[13] Finalmente foi o sétimo expulsado do programa, co 46% dos votos, fronte ao 54% do ourensán Cepeda. Unha vez finalizado o certame, os 16 participantes da edición iniciaron unha xira de 25 concertos por toda España, entre febreiro e decembro de 2018,[14] actuando en escenarios como o estadio Santiago Bernabéu, ante 60.000 persoas, ou tres veces no Palau Sant Jordi, ante un total de 51.000 persoas.[15] Durante os concertos interpretou co resto dos concursantes cancións corais, "Million Reasons" en solitario, e "Manos vacías" de Miguel Bosé a dúo co seu compañeiro Agoney.[16]
Despois de pasar por Operación Triunfo asinou con Universal Music para iniciar a súa carreira como cantante. Durante o primeiro semestre de 2018 traballou xunto a tres compañeiros de OT (Mimi Doblas, Nerea Rodríguez e Agoney) na formación dun grupo musical baixo o nome "Delta". Con todo, o proxecto foi descartado e cada un emprendeu o seu camiño en solitario.[17]
En outubro de 2018 participou no festival Coca-Cola Music Experience,[18] celebrado no WiZink Center de Madrid, onde estreou unha versión previa do seu primeiro sinxelo "Estaré ahí" ante 15.000 persoas. Ademais, durante ese mesmo mes, uniuse a Javier Calvo e Javier Ambrossi no musical La Llamada, representado no Teatro Lara, onde interpretou a personaxe de Deus desde outubro de 2018, saíndo de xira por toda España durante 2019.[19] En decembro de 2018 lanzou "Tus monstruos" coa súa amiga Belén Aguilera,[20] unha canción composta por ela mesma que xa lanzara en solitario no outono dese mesmo ano.[21] En xuño de 2019 publicou "Estaré ahí",[22] o seu primeiro sinxelo en solitario,[23] unha balada da que é intérprete, compositor e coprodutor, baseada nas vivencias persoais do artista. O videoclip conseguiu máis de 200.000 visualizacións en Youtube ao longo do primeiro día de lanzamento e o sinxelo fíxose co primeiro posto en todas as plataformas de venda dixital.[24] En 2019 estreou xunto a Nerea Rodríguez a canción "Por Ti" que forma parte da banda sonora da película "Terra Willy: Planeta desconocido" cuxos ingresos foron destinados á fundación Pequeño Deseo.[25]
A principios de 2020 realizou unha xira chamada "#3Tour" xunto cos seus compañeiros Nerea Rodríguez e Ricky Merino, ofrecendo catro concertos nas cidades de Barcelona, Bilbao, Málaga e Madrid.[26] En febreiro de 2020 participou como convidado de Nerea Rodríguez en Tu cara me suena para imitar con ela a Shawn Mendes e Camila Cabello na canción "Señorita".[27] En setembro dese mesmo ano, Raoul publicou o sinxelo “Pídeme”,[28] xunto a Mireya Bravo, tamén integrante de Operación Triunfo, que se converteu no número 1 das listas de iTunes España e de Amazon Music.[29] En xuño de 2021, xunto ao DJ Hektor Mass, lanzou o sinxelo "Caníbales" acadando o número 1 das listas de iTunes en España e na Arxentina.[30]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.